HomesociedadeComo se reparcela a "Zona C" de Monforte?

Como se reparcela a “Zona C” de Monforte?

A “ZONA C” correspóndese cos terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, así como a rúa Ourense e o río Cabe, moi próxima ó conxunto monumental dos Escolapios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A aprobación inicial do citado proxecto de reparcelación levouse a cabo na Xunta de Goberno do Concello, celebrada en data 23 de novembro de 2020, sendo este o primeiro paso de varios que se teñen que ir producindo ata que sexa unha realidade a urbanización deste conxunto do territorio.

Este proxecto permitirá eliminar a balsa de maleza que existe dende o final da rúa Rof Codina ata a rúa Cobas e na rúa Fontecha, abrindo novos viais, creando novas parcelas para edificar e unha nova zona verde axardinada arredor da Gardería Municipal.

O seguinte paso será a exposición pública durante un mes, que empezará a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan, ou ben a publicación no Boletín Oficial do Estado.

Deste xeito, o rexedor monfortino anunciou que “a notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, empezará a levarse a cabo o vindeiro mércores día 9, que será realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello domicilio a domicilio. Intentarase como mínimo dúas veces, tal e como establece a lei. E aquelas persoas que non sexan localizadas, serán notificadas a través dun anuncio no Boletín Oficial do Estado”.

Reparcelación Zona C / concello de Monforte

O Equipo de Goberno espera que todo o proceso sexa realizado entre os anos 2021 e 2022, para cumprir co obxectivo de que quede totalmente rematada esta urbanización durante o presente mandato. Se hai alegacións, serán resoltas antes da aprobación definitiva e tamén serán comunicadas ós alegantes.

O paso seguinte será a aprobación definitiva do proxecto, que deberá producirse dentro do prazo de 3 meses dende a aprobación inicial, tal como recollen os artigos 106.1 e 106.2 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

Proxecto construtivo

Rematado estes trámites administrativos, procederase a elaborar o proxecto construtivo, saíndo a licitación o citado proxecto  e a posterior contratación á empresa adxudicataria para realizar as obras de urbanización propiamente ditas. O Equipo de Goberno espera que todo o proceso sexa realizado entre os anos 2021 e 2022, para cumprir co obxectivo de que quede totalmente rematada esta urbanización durante o presente mandato. O número de parcelas afectadas por este proxecto de urbanización son 12 fincas. A superficie total afectada por esta urbanización incluíndo a superficie das parcelas e o vial municipal supoñen 21.090 metros cadrados, algo máis de dúas hectáreas.

O número de propietarios destas 12 parcelas serían 73, sempre que sexan correctos os datos manexados polo Concello, e que poden variar en función das herdanzas. O número de parcelas que van quedar despois da urbanización serían 18, das cales 15 son para urbanizar e 3 para zonas verdes.

superficie resultante unha vez urbanizados estes terreos quedaría do seguinte xeito:

  • Para rúas novas 6.323 metros cadrados.
  • Para espazos libres e axardinados, 8.982 m2.
  • E para solares, 5.785 m2

aproveitamento urbanístico destes 5.785 metros cadrados urbanizables vai ser de 22.230 m2 edificables, dos cales 4.744 m2 serían baixos e 17.486 mserán para vivendas. O custe deste proxecto ascende a 1.023.698,80 euros.

ÚLTIMAS

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...