HomesociedadeNova iluminación no Paseo dos Loureiros en Monforte

Nova iluminación no Paseo dos Loureiros en Monforte

A mellora integral da iluminación desta senda peonil, que se ubica no entorno do conxunto monumental de San Vicente, contou cunha inversión de 23.595 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Paseo dos Loureiros ten o seu inicio subindo pola rúa Real, á altura do restaurante o Grelo, e descende pola ladeira ata saír á rúa Doutor Casares, nas proximidades da rúa Costa da Pena e do instituto Daviña Rey, sendo unha senda con chan de lousa e que conta con treitos chans e en escaleira.

As obras de mellora consistiron na instalación de 17 novas luminarias de tecnoloxía LED, soportadas por 17 postes troncocónicos de 4 metros, e na renovación da totalidade do cableado eléctrico.

Esta actuación de mellora, supuxo unha inversión de 23.595 euros que contou co apoio da Deputación de Lugo, grazas o convenio asinado entre o seu Presidente, José Tomé Roca, e a 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, polo que o 86,7% do orzamento, 20.466,40 €, foi achegado polo ente provincial, mentres que o Concello de Monforte aportou 3.128,60, o 13,3%.

O Alcalde recordou que na mesma liña “abordamos recentemente a mellora da rúa Costa da Pena, en concreto o seu pavimento en dous tramos concretos, na confluencia coa rúa Doutor Casares ata o atrio da igrexa da Régoa, mellora que contribúe, xunto con esta nova iluminación no Paseo dos Loureiros, á potenciación dunha zona ubicada en pleno casco histórico da cidade, proporcionando uns mellores servizos os seus veciños e veciñas, e tamén ás persoas que nos visitan”.

Para levar a cabo a mellora do alumeado do Paseo dos Loureiros, dado que os seu emprazamento sitúase no casco histórico da cidade, o Concello xestionou e obtivo os correspondentes permisos con Patrimonio. 

O Alcalde monfortino destacou “dende o Equipo de Goberno detectamos que debido a esta deficiente iluminación, a zona do Paseo dos Loureiros deixou de ser transitada a certas horas do día, motivo polo cal consideramos necesaria esta obra de mellora, para dotala dunha iluminación moderna e axeitada que permitira pasear pola mesma con todas as garantías”. 

obxectivo que o Concello buscou con este proxecto de mellora foi dobre. Dunha banda, mellorar a eficiencia e o aforro enerxéticos, así como diminuír de maneira significativa  as emisións de gases de efecto invernadoiro. E doutra banda, limitar o resplandor luminoso nocturno, é dicir, a contaminación lumínica, así como reducir a chamada “ luz intrusa ou molesta”.

Tamén se procedeu a renovar por completo a totalidade do cableado eléctrico do sistema de iluminación desta senda peonil, para evitar cortes debidos á humidade.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...