HomesociedadeOs dispositivos quitaneves seguen traballando en Samos, Quiroga e O Incio

Os dispositivos quitaneves seguen traballando en Samos, Quiroga e O Incio

24 operarios e 12 equipos da Deputación despexan de neve e xeo unha vintena de estradas da Montaña e o sur da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo mantén despregado dende primeira hora deste martes un dispositivo composto por 24 operarios e 12 equipos, que inclúen máquinas quitaneves e vehículos todoterreo, para garantir a seguridade viaria e atender as incidencias provocadas polas nevaradas desta noite.

O dispositivo traballa en despexar de neve e retirar as árbores caídas en máis dunha vintena de estradas que discorren, sobre todo, pola Montaña lucense (Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada e Navia de Suarna, principalmente) e tamén da zona sur da provincia, con incidencia importante nas localidades de Samos, Quiroga e O Incio

Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un, o que fai un total de 420 toneladas, para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías. 

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...