HomesociedadeCales son os festivos locais de Monforte no 2021?

Cales son os festivos locais de Monforte no 2021?

6 de abril e 14 de xuño, serán os festivos do concello de Monforte, coincidindo co martes de Pascua e San Antonio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca,  deu a coñecer os festivos locais para o ano 2021, salientando que “mantemos a tradición que se veu dando no Concello monfortino dende fai moitos anos coa festividade de San Antonio e dende fai séculos coa festividade do Martes de Pascua, conservando deste xeito os costumes da sociedade monfortina”.

Así, os festivos locais para o 2021 son:

  • Martes de Pascua: celebrarase o martes 6 de abril de 2021.
  • San Antonio: debido a que este ano o día da festividade de San Antonio cae a domingo 13 de xuño, o día festivo pasará ó luns 14 de xuño de 2021. Se a pandemia do Covid-19 permite para entón a celebración deste tipo de festexos, dende o Concello quérese facilitar con este cambio que as festas de San Antonio poidan celebrarse en data festiva.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...