Alejandro Paadín, coautor da Guía de Viños, Destilados e adegas de Galicia presentaba este venres, 11 de dicembro, na D.O. Ribeira Sacra, a Guía de Viños de Galicia 2021. A D.O. Ribeira Sacra conta nesta Guía con 19 Medallas de Gran Ouro, das que todas corresponden a viño tinto e 1 branco, 161 medallas de Ouro e 44 medallas de Prata.
Recibe ademais 6 Trofeos Ampelos, estes premios outórganse ás adegas cando obteñen 5 Grandes Ouros, sendoun recoñecemento ao esforzo, a constancia e a excelencia. “Trátase dun selo de garantía das adegas, este recoñecemento amosa que a adega é capaz de facer de modo recurrente viños da calidade,” sinala Paadín. Consiguen o Ampelos: Adegas Moure, Algueira, Ernesto Rodríguez Pérez, Finca Míllara, Jorge Feijoo González e Roberto Regal López.
Así valoraba Alejandro Paadín a representación da D.O. Ribeira Sacra nesta edición da Guía “A Ribeira Sacra sae moi ben parada como todos os anos. Estanse apuntalando moitísimo os temas de colleitas e de parcela, moitos viños que veñen de parcelas con moita personalidade e permiten que os viños teñan Gran Ouro. Ribeira Sacra é das comarcas de Galicia onde a relación calidade prezo está moi equilibrada e por riba da media.”
Ribeira Sacra GRAN OURO Guía 2021:
- Abadía da Cova Pena Fión 2018
- Abadía da cova Xuno 2018
- Algueira Pizarra 2015
- Algueira carravel 2016
- Almalarga 2019
- Gaios 2015
- Cividade Edición Limitada José Verao 2018
- Don Bernardino 4 generación 2016
- Viña Peón 2019
- D´Fris 2017
- Ribeira de los Naranjos 2018
- VS Cuco 2017
- Adega Vella Tradición 2018
- Sabatelius Craballo 2017
- Instinto Romano 2019
- Prómine Barrica 2018
- Expresión Histórica 2015
- Adobe 2019
- Gaela Os Queixeiros 2017
Cata Ribeira Sacra, o viño deste Nadal
A sumiller, Mercedes González Rodríguez imparte unha nova cata o xoves 17 ás 19.00h. Desenvolveranse por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram). A participación na cata é aberta e de balde, pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org ata 24 horas antes da cata. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño.
Os viños que se catarán o día 17 son:
- Finca Cuarta godello 2019 de Rubén Moure
- Brandán godello 2019 de Algueira
- Décima Mencía 2019 de José Manuel Rodríguez González
- Casa Moreiras Mencía 2019 de Casa Moreiras
- Adega dos Beizos Mencía 2019 de Óscar González Rodríguez
- Mouro Mencía 2019 de Belarmino Compañía de Vinos
- Rectoral de Amandi Mencía barrica 2017 de Rectoral de Amandi
- Muras do Fortes Mencía 2019 de J. Antonio Fortes López
- Saíñas Mencía 2019 de Javier Fernández
- Sete Tolos barrica Mencía 2017 de Víctor Manuel Rodríguez.