HomeSucesosA Garda Civil auxilia en Augas Mestas a una persoa inconsciente no...

A Garda Civil auxilia en Augas Mestas a una persoa inconsciente no interior dun vehículo

A Garda Civil ás 01:15 horas do pasado día 13 de decembro observa no complexo turístico de Augas Mestas, un turismo aparcado, cunha persoa sentada ao volante, que non respostaba a estímulos externos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Cando a Garda Civil se aproxima observan que pola parte traseira do coche “unha caixa de cartón que oculta a zona da defensa na que se atopa o tubo de escape e pódese ver algo que parece unha tubaxe que provén de detrás da caixa e parece dirixirse ao interior do vehículo.”

Os axentes comproban que no interior do mesmo hai unha persoa sentada ao volante, e non respostaba a estímulos externos. Ao abrir a porta do condutor despréndese un forte cheiro a gases da combustión.

A persoa atópase no que asemella un estado de semiinconsciencia, feito polo cal se procede a sacalo do interior do vehículo. Pasados uns instantes, tal e como sinalan desde a Garda Civil, “a persoa recobra a consciencia polo que a patrulla de servizo comeza unha conversa co propósito de mantelo despexado, e ao mesmo tempo realizando xestións para que se envíe ao lugar unha ambulancia para o seu traslado a centro hospitalario.” O home é evacuado ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos para unha revisión máis exhaustiva e a súa valoración.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...