IniciosociedadeClausurado en Monforte o obradoiro de emprego que renovou as instalacións da...

Clausurado en Monforte o obradoiro de emprego que renovou as instalacións da Escola da Pinguela

A segunda fase deste obradoiro dual de emprego consistiu na recuperación dos módulos 2 e 3 da Escola Obradoiro da Pinguela, relativos ós baños e vestiarios, almacéns e outras aulas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, clausurou na mañá deste mércores, a segunda fase do Obradoiro Dual de Emprego de A Pinguela, acto no que tivo lugar a entrega de diplomas e certificados de formación ós 20 alumnos que participaron nel. Na clausura estivo acompañado polo Director da Escola Obradoiro de A Pinguela, Antonio Rodríguez, o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, así como membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal.

O Alcalde destacou que “hoxe, completamos a obra iniciada en decembro de 2019, que foi cando demos comezo á 2ª Fase deste Obradoiro de Emprego da Pinguela, e podemos afirmar con satisfacción que en Monforte xa contamos cun novo centro de formación ocupacional, nunhas instalacións moito máis modernas e actuais”.

Este obradoiro de emprego, posto en marcha polo Concello de Monforte ó abeiro do Programa de Obradoiros Duais de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, acadou un dobre obxectivo. Dunha banda, renovar e modenizar as instalacións da Escola Obradoiro de A Pinguela, ubicadas na rúa Sober, con máis de 30 anos de historia, que estaban moi deterioradas e obsoletas. 

E doutra, que os participantes adquirisen a formación profesional e a práctica laboral necesarias para incorporarse o mundo do traballo, a través da combinación de accións de formación en alternancia coa práctica profesional. Para elo, en algo máis dun ano de formación, os alumnos cursaron 360 horas teórico-prácticas e 1.080 horas de formación práctica e experiencia profesional.

20 alumnos finalizan o obradoiro con éxito

A segunda fase deste obradoiro dual de emprego consistiu na recuperación dos módulos 2 e 3 da Escola Obradoiro da Pinguela, relativos ós baños e vestiarios, almacéns e outras aulas, quedando completa toda a restauración, que se distribúe nos seguintes espazos:

  • Módulo 1: Dúas aulas de 60 m2 cada unha, un aseo e dous despachos.
  • Módulo 2: Aseos-vestiarios para homes, mulleres e minusválidos.
  • Módulo 3: Un aula de 60 m2, un arquivo de 20 m2, e un aseo.
  • Módulo 4: Unha sala de xuntas de 25 m2, un aula multidisciplinar de 40 m2 que se dotará de tecnoloxías da información e da comunicación, e un aseo.

Levaronse a cabo neste obradoiro dúas especialidades formativas cun total de 20 alumnos e alumnas, relacionados co sector da construción. No módulo de albanelería  participaron 12 alumnos/as e no de fontanería, 8 alumnos/as. Tamén traballaron un director, unha administrativo e 2 monitores nas especialidades formativas, así como unha docente que impartiu o módulo de educación compensatoria a aqueles alumnos que non finalizaran as ensinanzas obrigatorias na súa formación regrada.

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...