HomesociedadeQue busca a xente polo barrio de San Antonio de Monforte?

Que busca a xente polo barrio de San Antonio de Monforte?

O Bar Cruceiro, punto de venda tamén de lotarías e apostas do Estado, tivo unha interesante iniciativa para animar o ambiente ás portas do Nadal. Trátase de buscar décimos agochados na contorna da Praza de San Antonio e quen os atope quedará con eles.

Publicado o

- Advertisement -

Laura Álvarez, titular do Bar Cruceiro e da Administración de Lotería que opera tamén neste local, está dando que falar esta fin de semana grazas a unha iniciativa novidosa en Monforte de Lemos.

“Estaba algo murcho o ambiente e pensei que poderiamos facer algo para animar o barrio en vésperas do sorteo da Lotería de Nadal”, comenta Laura ao tempo que nos explica en que consiste o xogo que propón a veciños e veciñas de Monforte para conseguir algún décimo dun número que venden no Bar Cruceiro.

De sábado 19 a luns 21, días previos ao Sorteo de Nadal, o monfortino barrio de San Antonio será o escenario da busca de 5 décimos de lotería que estarán agochados en calquera lugar que poidamos imaxinar dentro da contorna máis próxima á Praza Campo de San Antonio. Os vales estarán dentro dunha funda de plástico e unha vez atopados serán canxeados polo décimo real no Bar Cruceiro.

Sobre que contén o vale con dereito a un dos décimos en xogo.

Cinco décimos que estarán no seu agocho estes tres días esperando ser descubertos e “a pista do día” dará a benvida no Bar aos ousados/as participantes para axudar na súa busca. As condicións son mínimas: só se fará entrega dun décimo por persoa, a entrega deles sempre a persoas adultas e os afortunados/as terán que facerse unha foto no momento da entrega.

Este sábado empezou esta curiosa ‘busca do tesouro’ e a primeira pista, anotada nun cartel do establecemento, rezaba así: “El remedio de la tía Mariquita, que con aceite todo lo quita”. Falamos con Laura, a artífice de todo isto, e coméntanos que a última hora da tarde xa apareceron dous. O primeiro afortunado atopou o boleto na oliveira que hai na entrada do aparcamento da Casa do Concello monfortina, e o segundo non moito máis tarde e estaba entre unhas polas das árbores da Praza Santo Antón.

Quedan tres, e dous días. Sorte a todas e todos!

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...