HomesociedadeNadal de parques infantís con vixilancia anti-Covid en Quiroga

Nadal de parques infantís con vixilancia anti-Covid en Quiroga

Coa posta en marcha do alumeado de Nadal, esta pasada fin de semana, deuse por iniciadas oficialmente estas festas en Quiroga. Comezan todas as actividades que se organizaron para estas datas e tamén ábrense aqueles departamentos e servizos municipais que se mantiñan pechados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Están abertos ao público os parques infantís, pero farano cunha serie de medidas e restricións. Un servizo de voluntariado será o encargado de vixiar que nestes espazos infantís de ocio e diversión se respecten as medidas sanitarias anti- Covid.

Desde este mércores ata o día 7 de xaneiro, os tres parques da vila Quiroguesa: o parque da Constitución, o parque da Igrexa e o parque da praza España contarán con servizo de vixilancia no horario que o concello entende de maior  afluencia de usuarios. Este horario será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 todos os días, incluídos os festivos.

A concelleira de xuventude, Ana Lucía Nogueira, recalcou que o cometido dos voluntarios será o de vixiar o cumprimento das medidas sanitarias como uso de máscaras e distancia social, non o de cuidar aos nenos e nenas nestas instalacións, iso será responsabilidade dos adultos que os acompañen.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...