Homesociedade36 millóns de euros na mellora da liña ferroviaria Monforte-Lugo

36 millóns de euros na mellora da liña ferroviaria Monforte-Lugo

O Consello de Ministros autorizou este martes ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a licitar o contrato de obras de execución do proxecto construtivo para a mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacións do tramo Monforte de Lemos-Lugo, cun valor estimado de 35.879.352,80 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou o Ministerio, este proxecto enmárcase nas actuacións promovidas por Adif para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, co obxectivo de incrementar a súa fiabilidade e competitividade.

A actuación consiste na mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacións ao longo do tramo de 71 quilómetros de lonxitude en vía única. As melloras, conforme apuntou o Mitma, permitirán incrementar a dispoñibilidade da liña e mellorar a súa fiabilidade. Toda a información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...