HomesociedadeMonforte despide a Eduardo Iglesias antes da súa saída para o Dakar

Monforte despide a Eduardo Iglesias antes da súa saída para o Dakar

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, despide ó piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, antes de que o piloto viaxe camiño de terras de Arabia Saudita para participar do 3 ó 15 de xaneiro nunha nova edición do rally Dakar.

Publicado o

- Advertisement -

O piloto sairá o día 28 desde Madrid, e aínda que a proba comeza o 3 de xaneiro, un día antes realízase unha prólogo previo ás 15 etapa das que consta esta edición do Dakar.

É o segundo ano consecutivo en que o piloto monfortino participa no rally máis famoso do mundo, e por este motivo, o Alcalde desexoulle o maior do éxitos en nome de todos os monfortinos, agardando “que non teña accidentes e que, si pode, supere o posto 94 que conseguiu na pasada edición.”

Cabe recordar que Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súa primeira participación no Dakar: non so conseguiu rematar o que é o rally máis duro do mundo, que se celebrou en terras de Arabia Saudita, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, no meritorio posto 94 salientado polo Alcalde.

“Este ano non lle imos pedir menos porque estou seguro de que Eduardo e o seu equipo volverán a dalo todo, co obxectivo de rubricar novamente unha exitosa participación nesta edición do Dakar”, destacou o rexedor municipal. Ademais, o Alcalde salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación.

O Alcalde manifestoulle o seu orgullo, e o de todos os monfortinos, por representar de novo a Monforte e á Ribeira Sacra nun evento deportivo desta índole, e desexoulle o maior dos éxitos nesta segunda participación no Dakar.

Pola súa banda, Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto, e comprometeuse a acadar os éxitos conseguidos na súa primeira participación. 

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...