HomesociedadeVII premio AJE Lugo

VII premio AJE Lugo

O VII Premio AJE Lugo ten como obxectivo premiar o labor daqueles emprendedores e novos empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes galardóns supoñen para os gañadores, ademais do seu recoñecemento, a proxección, a través de medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial. Ao mesmo tempo que serve de exemplo de superación para a mocidade lucenses mostrando que o auto emprego e a innovación é outra posibilidade de traballo.

Existen dous premios principais: Premio Novo Empresario/a 2020 e Premio Iniciativa Emprendedora 2020 que serán galardoados coa exención da cota de socios de Aje Lugo por un ano e difusión publicitaria en redes e prensa. E catro accésits: Accésit Innovación, Accésit RSE, Accésit Creación de Emprego e Accésit Internacionalización que serán galardoados coa exención da cota de socios de Aje Lugo por un ano e difusión publicitaria en redes e prensa.

Ademais, os premiados accederán directamente como candidatos aos premios AJE Galicia que están previstos para a primavera de 2021. O prazo de recepción de candidaturas remata o 20 de xaneiro de 2021 ás 23:59 horas. Para presentar a candidatura soamente deberase enviar a documentación requirida a info@ajelugo.com. As bases están publicadas na páxina web da asociación: www.ajelugo.com.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...