HomesociedadeBota a andar o obradoiro dos Concellos da Pobra do Brollón, O...

Bota a andar o obradoiro dos Concellos da Pobra do Brollón, O Incio e Bóveda

Os alcaldes dos Concellos da Pobra do Brollón, O Incio e Bóveda, Xosé Lois Maceda, Héctor Corujo e José Manuel Arias, recibiron este luns aos alumnos e alumnas participantes no obradoiro de emprego ‘Brollón-O Incio-Bóveda’, que hoxe bota a andar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro de emprego, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, ten como promotor ao Concello do Incio. A maiores participan o Concello da Pobra do Brollón e o de Bóveda.

Os traballos serán actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, polo que lavarán a cabo tarefas de control de axentes causantes de pragas e enfermidades forestais, repoboacións, correccións hidrolóxicas, tratamentos de silvicultura, etc.

A formación estenderase durante nove meses e ao remate outorgaráselle aos alumnos/traballadores un certificado de profesionalidade nivel 1. Ademais, os que carezan de estudos, fórmanse para a obtención do graduado ou competencias clave. 

Os alumnos e alumnas son contratados na modalidade de contrato laboral para a formación e a aprendizaxe. Combinan formación teórica con formación práctica. Participan un total de 20 alumnos; 6 do Concello de Bóveda, 7 do Concello do Incio e 7 do Concello da Pobra do Brollón.

Haberá 3 profesores, un director e unha administrativa. A Xunta achega unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade: 346.946,00 euros.

Traballos prácticos a realizar polos alumnos do obradoiro

O Incio

Conservación e mellora de diversas sendas e camiños (Ruta do Ferro, Senda á Casa de Papel, Foxo dos Lobos, camiño de San Miguel, Devesa da Condesa, pistas dos pastizais de Sirgueiros, camiños en Río Mao, Serra do Édramo, Área Recreativa de Saa, diversos camiños ao longo das parroquias do Concello…)

Bóveda

Tratamentos silvícolas no colexio, repoboacións na Ribeira, tratamentos silvícolas e control de pragas en Ver e no Viveiro Os Trollos, mantemento e mellora de pistas en Ver, Ribas Pequenas, Eimer, Souto, Vales, Freituxe, Rubián e Teilán.

A Pobra do Brollón

Conservación e mellora de diversas sendas e camiños (mina dos Medos, minas da Veneira, ruta da castaña e do mel, da Ferrería de Loureiro ao Mazo, do ouro e do ferro, Cova das Choias, Senda os Conventos en Vilachá, Ruta Doade Augasmestas e varias rutas BTT.

ÚLTIMAS

A Deputación vende a última parcela do Polígono dos Acrivros en Chantada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou esta semana ante notario,...

105.000€ para un local social e 7 vías municipais en Taboada

O acordo inclúe case 75.000€ para realizar o acondicionamento e a mellora de 7...

Alumnado de FP do IES A Pinguela visita a feira de emprendemento The Busines Startup Show

Alumnado dos ciclos formativos de Asistencia á Dirección, de Administración  e Finanzas, e de...

Pasado e futuro da Ribeira Sacra a debate

O encontro será un acto aberto a preguntas, comentarios e outras fórmulas de participación....