HomeCulturaMario Obrero presenta o libro 'Con e de curcuspín' este 26 de...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

O luns, 26 de maio, ás 20:00 horas terá lugar na Casa da Cultura 'Olga Novo' a presentación do libro Con e de curcuspín. Cartas a las lenguas (Anagrama, 2025). O seu autor, Mario Obrero, estará acompañado pola poeta Olga Novo e o investigador Xurxo Ayán

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa poesía habitual do autor; un canto de amor ás linguas minorizadas que conforman unha realidade plurilingüe e diversa: ao galego, ao aragonés, ao català, ao aranés, ao asturianu, ao estremeñu, ao euskara…

Mario Obrero é poeta nado en Getafe en 2003. Comezou a escribir aos sete anos e xa ten seis libros publicados e numerosos premios. En 2023, recibiu o Premio Nacional de Xuventude na categoría de Cultura por Cerezas sobre la muerte.

A presentación precede unha semana de eventos arredor das letras, coa presentación o venres 30 da novela de aventuras O Inframundo, escrita por Guillelme Denís Castillo e ambientada na Cova das Choias. O sábado 31 remata o mes das letras coa obra de teatro Alma de Grilo de Ítaca Teatro, baseada no libro homónimo de María García. Ambas citas serán ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e son de entrada libre.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...