HomesociedadeSeguen aumentando os casos de Covid19 na provincia

Seguen aumentando os casos de Covid19 na provincia

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte,rexistra o maior incremento de casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en relación á xornada anterior en Galicia. Pasa de sete a 41, segundo os últimos datos facilitados por Sanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas 64 casos de coronavirus máis que na xornada anterior, cun aumento da presión hospitalaria debido ao incremento do número de ingresados, 17 persoas máis. A taxa de positividade descende ata o 6,9%, aínda que segue sendo alta.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade este luns. Son agora 353 as persoas hospitalizadas con diagnóstico de covid-19 nas sete áreas sanitarias galegas, fronte ás 336 dos datos facilitados o domingo. Deles, 58 atópanse na UCI, o mesmo número que hai 24 horas. En Lugo soben a 14 o hospitalizados –un máis– con tres deles en críticos –un menos–.

MÁIS POSITIVOS

En canto á detección de casos, Galicia sumou 277 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento respecto da xornada anterior, un total de 64. Tamén se incrementou o número de PCR, con 5.024 máis realizadas.

a área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte,rexistra o maior incremento de casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en relación á xornada anterior en Galicia. Pasa de sete a 41, segundo os últimos datos facilitados por Sanidade.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia volve presentar unha baixada, menos en Lugo. Nesta área hai 397, casos, 23 máis.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...