HomesociedadeInocentada en Xornal de Lemos

Inocentada en Xornal de Lemos

O pasado 28 de decembro publicamos unha noticia ficticia, sumándonos dalgún xeito á celebración do 'Día dos Santos Inocentes'. Seguro que sabedes cal foi...

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A noticia inventada que publicamos foi a que levou por título “Garda Civil e Policía Nacional buscaron a Puigdemont por Sarria”.

Unha nova ficticia que tivo moita repercusión nas redes sociais e en grupos de Facebook, con comentarios que entraron tamén con moita retranca no xogo. Houbo quen comentou, referíndose a Puigdemont, “estaba de copas no Patula” ou “estaba tomando un viño en Don Pepe”; e tamén quen bromeou con chanzas como “eu encontreino paseando polo Bulevar en pantalón corto, por iso me fixei” ou “xa dicía eu que o que estaba diante de min na cola da carnicería se me facía coñecido...”.

Un dos comentarios tiña incluso máis información que Xornal de Lemos. Seica “era un viaxe secreto para probar os chourizos na miña casa hoxe, agora xa se foi de Sarria pola presión surxida dos medios periodísticos, que a forza dos chourizos o acompañe”.

O caso é que quixemos darlle un punto de entretemento e humor a un día como o 28 de decembro e tamén animar un pouco o ambiente, que falta fai.

Grazas por seguirnos e seguídeo facendo no 2021!

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...