HomeSucesosGarda Civil e Policía Nacional buscaron a Puigdemont por Sarria

Garda Civil e Policía Nacional buscaron a Puigdemont por Sarria

Estes corpos e forzas de seguridade do estado seguiron a pista do ‘expresident da Generalitat’ tras unha alerta da OCN (Oficina Central Nacional), contacto no estado para as actividades da INTERPOL.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por estraño que pareza, e segundo información que se fixo pública esta tarde a través de axencias, unha comunicación da OCN (Oficina Central Nacional), contacto no estado para as actividades da INTERPOL, alertou á Garda Civil e á Policía Nacional españolas de que o perseguido Carles Puigdemont podía estar en Sarria.

Como xa se sabe dende outubro, a Sala do Penal do Tribunal Supremo confirmou os autos do instrutor da causa do “Procés”, Pablo Llanera, de xaneiro e marzo nos que acordou manter as ordes de detención que pesan contra o ‘expresident da Generalitat’ e os exconsellers Toni Comín, Clara Ponsati e Lluis Puig.

Carles Puigdemont, actualmente eurodiputado en Bruxelas, anunciou a pasada semana que encabezaría a lista por Barcelona de Junts Per Catalunya (JxCat) ‘para axudar a Laura Borràs’ nas eleccións catalanas, que se celebrarán o vindeiro 14 de febreiro de 2020. Todo apunta a que esta última circunstancia puxo sobre aviso á INTERPOL para activar as alertas en España de cara a unha posible viaxe de Puigdemont para concretar estes detalles da candidatura.

O caso é que a información que lles chegou á Garda Civil e Policía Nacional foi que o “fuxido”, un dos armadanzas do Procés, podía achegarse a Sarria para manter contactos con políticos de Junts Per Catalunya. A primeira reacción foi de extrañeza, “non lle vimos moito sentido a que fose a vila de Sarria o lugar escollido para a xuntanza con Puigdemont”, comentaba un alto cargo da Garda Civil tras a notificación de alerta recibida. Malia as dúbidas, o protocolo obrigáballes a estar preparados para unha operación de arresto.

Seguindo instrucións, e de xeito moi discreto, a pasada semana reforzaron a vixilancia en Sarria e contorna pero non se deron indicios da posible presenza nin de Puigdemont nin de políticos/as catalás como a número un da listas de JxC, Laura Borràs.

FOI TODO UNHA FALSA ALARMA?

O que parecía ser unha falsa alarma resultou ser un malentendido, un fallo da INTERPOL que parece sacado das historietas de Mortadelo e Filemón, coñecidos axentes da TIA. Os rastreadores desta organización de policía internacional interceptaron nalgunha mensaxe de texto que Carles Puigdemont valoraba achegarse a Sarrià, e entenderon Sarria, obviando o acento. Un erro de vulto pois como sabemos, Sarrià -con til- é un coñecido barrio de Barcelona, e Sarria -sen til- unha vila do sur de Lugo.

P.D. Esta información é unha inocentada do 28 de decembro.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...