HomesociedadeRibeira Sacra protagoniza o número de xaneiro de Condé Nast Traveler

Ribeira Sacra protagoniza o número de xaneiro de Condé Nast Traveler

A prestixiosa revista de viaxes dedica unha extensa reportaxe do seu primeiro número do ano a un dos lugares máis máxicos de Galicia, realzando o seu valor sostible e a súa beleza única. Destaca os roteiros do Miño e o Sil, os caprichosos meandros dos que colgan as "vides máis heroicas do país" e a súa produción de queixo e viño, baseada en calidade a partir da terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Percorrer nunha embarcación os canóns do Sil e do Miño e quedar pampo ante a fervenza de Aguacaída. Albiscar as vides que colgan dos seus caprichosos meandros e observar desde os seus miradoiros unha natureza e unha contorna única onde a sustentabilidade e o arraigamento á terra son a acenos de identidade do lugar, das súas xentes e dos produtos que nacen dela. Todo isto condénsao a Ribeira Sacra, un dos lugares máis máxicos e singulares de Galicia que a revista especializada en viaxes Condé Nast Traveler percorreu da man de Clara Díez, quen fala do arraigamento á terra como contrasinal dos seus habitantes, un modo de vida que fai posible unhas producións inimitables.

“Galicia ten un talante territorial moi identitario. En Ribeira Sacra atópanse proxectos que tratan de revalorizar os seus territorios tirando de fórmulas culturalmente vinculadas a Galicia e a procesos tradicionais; a zona rural é moi vasta, o que a fai, se cabe, máis interesante; hai prácticas aquí que non se dan no resto da península nin do mundo. Son producións únicas”, afirma.

A reportaxe, con fotografía de Cecilia Álvarez-Hevia Arias, realiza un percorrido polos recunchos da zona, dando voz aos habitantes que se encargan de manter a súa esencia e transmitila a quen a visita. A beleza da contorna albíscase en moitos dos seus recunchos, como no Cabo do Mundo, unha casa rural situada na aldea de Soto, en Nogueira de Santa María, que está literalmente colgada sobre o río.

Ribeira Sacra en Condé Nast Traveler / Cecilia Álvarez-Hevia Arias

As embarcacións de Luisa, orixinaria da Ribeira, percorren os meandros ou a fervenza de Augacaída. “A Ribeira Sacra sempre se viu, entre os que nos criamos aquí, como un lugar de sacrificio, de suor, é unha cultura de traballo, non de lecer. Entón, non vía esa beleza da paisaxe e do río… Fun a Londres a estudar fotografía e turismo relacionado co desenvolvemento sostible e, finalmente, decidín regresar”, conta. Luisa, ademais, encárgase de elaborar viño, un dos produtos estrela da Ribiera e a partir do cal os seus habitantes dinamizan a rexión.

Un dos viños máis famosos é Adegas Moure, de herdanza familiar. “Estamos nun proceso de coñecemento dos nosos viñedos; facemos viño en moitas parceliñas para saber máis do noso territorio, sacando moitos viños de chans que non coñeciamos tanto” destaca a familia Moure.

En Airas Moniz, outra parada do roteiro, revalorízase o produto ao ligalo á Ribeira Sacra; quen vive aquí sente como un orgullo darlle esa importancia que ten a terra. “O tempo aquí corre a outra velocidade; prímase a tranquilidade sobre outras cousas porque a xente retárdase, leva o pulso da terra”.
Condé Nast Traveler destaca como esta maneira de produción sostible é o presente e o principal valor futuro da Ribeira Sacra, unha terra que atrae a todo o que a pisa, mesmo aos que a deixaron atrás. “Algúns dos que se marcharon volveron. Déronse conta de que o futuro estaba aquí, na terra e no río”, asegura Clara, que recalca a importancia de coñecer a terra e respectala para ofrecer a mellor calidade, unha sostible e auténtica.
Condé Nast Traveler recomenda varios establecementos desta zona. A reportaxe ao completo pódese ler no número de xaneiro / febreiro de 2021, que sae a venda o 29 de decembro de 2020.

Ribeira Sacra en Condé Nast Traveler / Cecilia Álvarez-Hevia Arias

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...