HomesociedadeTomé celebra a electrificación da liña Lugo-Monforte

Tomé celebra a electrificación da liña Lugo-Monforte

"Nos anos que gobernou Rajoy, paralizou totalmente o investimento no ferrocarril en Galicia“, asegura Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, cualificou coma “unha boa noticia para a provincia, a pesar do Partido Popular” a electrificación da liña de ferrocarril Lugo-Monforte, que se licitará no consello de Ministros. “E digo isto porque, nos anos que gobernou Rajoy, paralizou totalmente o investimento no ferrocarril en Galicia“, sentenciou.

“E non o digo eu, está dito polo Tribunal de Contas no informe dos anos 16 e 17, onde houbo que indemnizar a empresas porque se perderon contratos e onde se paralizou a intermodal de Lugo”, engadiu.

NEVE

Por outra banda, Tomé sinalou que os efectivos provinciais están a traballar en cen estradas, a través de todos os equipos operativos, para manter a circulación nas vías principais a pesar do temporal de neve que está “a pegar forte” na provincia, especialmente na montaña.

Hai que agradecer o traballo que están a realizar os traballadores de vías e obras e do parque móbil, e eu creo que a deputación está a responder á demanda, neste momento, dunha climatoloxía moi adversa e que veu moi de golpe, e agora non temos ningún inconveniente en ningunha estrada provincial”, certificou.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...