HomesociedadeA asociación Albores de Monforte está de noraboa

A asociación Albores de Monforte está de noraboa

a Asociación Albores Saúde Mental revalida os concertos e volve xestionar as 25 prazas do CRPL de Monforte de Lemos, as 15 prazas do CRPL de Chantada e as 4 prazas do piso protexido de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As prazas dos centros de rehabilitación psicosocial e laboral (CRPL) e as dos pisos protexidos para persoas con enfermidade mental non son prestadas directamente polo Sergas, senón concertadas periódicamente para ser prestadas a través doutras entidades de carácter privado. A principios deste verán a Xunta de Galicia abriu a convocatoria para o concurso de prazas destes dispositivos en todo o territorio autonómico. Tras presentarse e superar a fase de concorrencia competitiva, a Asociación Albores Saúde Mental revalida os concertos e volve xestionar as 25 prazas do CRPL de Monforte de Lemos, as 15 prazas do CRPL de Chantada e as 4 prazas do piso protexido de Monforte.

Os horarios de atención ao público nos centros é: De luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 (aínda que a franxa de apertura é maior). Ademáis no piso, a atención de urxencias será durante as 24 horas do día como se viña producindo ata o momento.

Os programas que se desenvolverán nos centros de rehabilitación mediante este concerto son os seguintes: Rehabilitación cognitiva, psicoeducación, rehabilitación laboral, xestión emocional, actividades da vida diaria (AVDs), habilidades sociais,  intervención familiar e ocio,  todo elo a través de intervencións grupais e individuais.

Concurso Fotoxénica-Mente 2020


Ademáis desenvólvense outros programas e servizos, grazas a outras fontes de financiación, coma o Servizo de Acompañamento Integral, o de Axuda no Fogar (SAF) especializado en saúde mental, o de Comedor, o programa de Emprego, o programa de Respiro, Intervención Familiar Información e Asesoramento á poboación xeral, Sensibilización á poboación xeral ou o de Ocio na comunidade (entre outros).

IV Fotoxénica-Mente

Como parte do programa de Sensibilización á poboación xeral, Albores convoca anualmente o certame Fotoxénica-Mente, que este ano está na súa cuarta edición. O prazo para participar remata o día 12 de xaneiro. Aceptaranse só aquelas fotografías que contribúan á redución do estigma asociado ás persoas con enfermidade mental e que favorezan a eliminación de mitos e estereotipos.

Desta volta, as fotografías terán que ver co tema “Saúde Mental e Benestar. Unha prioridade global”, lema adoptado polo colectivo de familias e persoas con problemas de saúde mental para encadrar a campaña de sensibilización en España do Día Mundial da Saúde Mental 2020. O porqué da adopción deste lema ten que ver con que a Organización Mundial da Saúde (OMS) observou que ao longo do 2020 se estivo a producir un empeoramento da saúde mental da poboación mundial, como consecuencia da aparición do COVID. Di ao respecto:  “Xa estamos a ver as consecuencias da pandemia de COVID-19 no benestar mental das persoas, e isto é só o principio.

ÚLTIMAS

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...