HomesociedadeSober busca imaxe gráfica para a XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi

Sober busca imaxe gráfica para a XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi

O Concello de Sober convoca un concurso de deseño gráfico para escoller o cartel anunciador do seu evento máis importante do ano, previsto inicialmente para o 27 e 28 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O certame para escoller o cartel que represente a XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi rexerase por unhas bases que o Goberno local vén de facer públicas a través da súa web e das redes sociais.

Poderá concorrer toda a poboación, con traballos en formato A3 e técnica libre que deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Só se pode presentar un cartel por autor ou autora.

Quedan exentas, tal e como se ten acordado, aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións para permitir así o acceso a novos creadores.

Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no patrimonio e cultura do territorio. Todos os traballos presentados a concurso quedarán en poder do Concello de Sober e o gañador será empregado como cartel anunciador da XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi sendo tamén a imaxe dos programas de man e outro material promocional que se realice. Os restantes carteis presentados poderán ser expostos se o concello así o considera.

PARTICIPACIÓN E XURADO

Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. O cartel terá que levar de xeito obrigatorio os seguintes datos: XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi. Festa de Interese Turístico. Sober. A páxina web www.concellodesober.com e a data de celebración, 27 e 28 de marzo.

A entrega de orixinais farase na Casa do Concello dende o 8 de xaneiro ata o día 15 de febreiro de 2021. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.

O xurado emitirá o seu fallo 10 días despois do peche da convocatoria e o cartel darase a coñecer o 27 de febreiro e estará formado por persoas cualificadas na materia, reservándose a facultade de declarar deserto o premio no caso de que estimase que ningún dos traballos reúne os méritos suficientes. O gañador levará un premio en metálico de 600 euros e unha peza de Gundivós personalizada.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...