HomesociedadeAs protestas dos pais do Courel paralizan os novos contratos de transporte...

As protestas dos pais do Courel paralizan os novos contratos de transporte escolar

A Consellería de Educación suspendeu o prazo de presentación de ofertas dos novos contratos do transporte escolar "durante o tempo necesario para a verificación dos erros detectados polos interesados", despois de que pais de Folgoso do Courel deixasen de levar aos seus fillos ao colexio en sinal de protesta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra, que informa deste paso, avanza que continuará coas protestas a pesar da paralización temporal dos novos contratos xa que o texto da Xunta é “moi pouco concreto” e “sen garantías” de que as súas reclamacións sexan atendidas.

Este martes os nenos tampouco foron ao colexio e segue en pé a concentración convocada para este mércores ás 12,00 horas no edificio administrativo da Xunta en Lugo. A asociación destaca que “os nenos do Courel están a recibir nestes días numerosos apoios doutras Anpas do rural galego que están a colgar nas redes en forma de pancartas e mensaxes, e a campaña de recollida de firmas xa leva máis de 4.000″.

Por outra banda, segundo informa Europa Press, o Sindicato Labrego Galego trasladou tamén o seu apoio ás demandas destes pais, “para manter a xestión do transporte escolar cos taxis locais”. “A decisión da Xunta de licitar este servizo a unha empresa foránea supoñerá a destrución de varios postos de traballo e un empeoramento das súas condicións para o alumnado”, denuncia.

cacerolada transporte escolar Folgoso do Courel

ÚLTIMAS

Ordenación do tráfico do 2 ao 6 de abril pola celebración das festas de Carud en Monforte

Procederase ó corte das rúa Sober e entrada á Pinguela e rúa e praza...

A Feira do Viño de Quiroga homenaxea aos pioneiros neste certame vitícola

Unha comisión presidida polo Tenente de Alcalde, Vicente Parra, encargarase de crear un acto...

Sacrapastas recibe o selo de Galicia Calidade para os seus produtos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia...

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...