HomesociedadeAs Anpas galegas coas reivindicacións dos pais de alumnos de Folgoso do...

As Anpas galegas coas reivindicacións dos pais de alumnos de Folgoso do Courel

"Quen se expón nunha cidade a meter aos nenos unha hora innecesaria de autobús por unha estrada de montaña", preguntouse, para a continuación lembrar que "o transporte o realizaban taxistas da zona", sinala a presidenta da Federación Provincial de Anpas de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presidenta da Federación Provincial de Anpas de Lugo, Isabel Calvete, mostrou o apoio desta asociación e das Anpas galegas ás reivindicacións dos pais dos 30 alumnos do Poeta Uxío Novoneyra que inciaron unha mobilización pola supresión do transporte escolar que tiñan os seus fillos ata agora. “Tanto a federación (de Lugo), como a confederación de Anpas galegas defendemos esas reivindicacións que son totalmente lexítimas para eles e para todo o rural“, subliñou.

Calvete apela a que “o rural hai que protexelo”, polo que avogou “por un trato diferenciado cara a el”. “Todos sabemos como son as estradas de montaña e pór máis dificultades aos alumnos e ás familias é absurdo. Se o que queremos é defender o rural hai que pasar das boas palabras e campañas inútiles e porse a traballar”, encomendou.

“Quen se expón nunha cidade a meter aos nenos unha hora innecesaria de autobús por unha estrada de montaña“, preguntouse, para a continuación lembrar que “o transporte o realizaban taxistas da zona”.

“Podemos permitirnos que seis familias, que seis taxistas, queden sen un complemento económico no rural, onde non hai tantas oportunidades de traballo e esta é unha delas? Téñense que volver organizar as rutas, e organizar o tipo de contratos e concesións”, concluíu.

ÚLTIMAS

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...