A D.O. Ribeira Sacra comenzaba a campaña promocional de Nadal “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal” con catas virtuais da sumiller, Mercedes González Rodríguez. As catas que se celebraron os días 10 e 17 de decembro foron transmitidas por streamig en Zoom, Youtube, Facebook e Instagram. A actividade tivo moi boa acollida por parte das adegas participantes e por parte do público inscrito na cata, polo que a D.O. Ribeira Sacra prepara dúas novas catas; unha para o xoves, 11 de febreiro e a primeira para o xoves 21 de xaneiro.
As catas desenvolveranse a partir das 19.00 horas. A participación é aberta e gratuíta pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño.
O xoves 21 ás 19.00 h cataranse (inscricións ata 24 horas antes indicando que viño dos que se catarán adquiriu o participante para a cata):
- Regina Viarum Godello 2019 de Regina Viarum
 - Val da Lenda blanco Sumum 2019 de Víctor Manuel Rodríguez.
 - Casa Moreiras Godello 2019 de Casa Moreiras
 - Asolagados Mencía 2019 de Pilares de Belesar.
 - Rectoral de Amandi Mencía 2019 de Bodegas Rectoral de Amandi
 - Finca Cuarta Mencía 2019 de Rubén Moure.
 - Finca Míllara Mencía barrica 2017 de Finca Míllara
 - Ribera de los Naranjos Tinto Summum barrica 2018 de Finca Míllara
 - Adobe Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós.
 - Algueira Carravel Mencía 2016 de Adega Algueira
 - Ruxe Ruxe Mencía 2018 de Tolo do Xisto.
 
Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web da D.O. Ribeira Sacra.
As catas desenvolvidas en decembro poden verse de novo no blogue da D.O. Ribeira Sacra, no que xa está colgada a primeira cata. O día 18 colgarase a segunda e entre tanto poden visionarse tamén na canle de youtube da D.O. Ribeira Sacra.

                                    