HomesociedadePréstamo vendima para facilitar a compra de uva ás adegas

Préstamo vendima para facilitar a compra de uva ás adegas

A Xunta renovará en 2021 o “préstamo vendima”, un instrumento financeiro posto en marcha polo Goberno galego para facilitar que as adegas poidan mercar a totalidade da uva da colleita en condicións normais de mercado. Ademais, esta ferramenta tamén serve para financiar o capital circulante destinado a cubrir os custos da uva de produción propia de cada adega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa forma parte dunha liña de financiamento impulsada pola Xunta para axudar aos autónomos, microempresas e pemes máis afectados pola Covid-19 e dá cumprimento ao Plan de reactivación e dinamización da Consellería do Medio Rural. Así, co obxectivo de garantir o futuro do sector do viño da nosa comunidade, estes empréstitos ofrecen unhas condicións moi vantaxosas no que se refire ao custo financeiro e ao prazo de devolución.

Estes préstamos quedan garantidos no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). A garantía acadou en 2020 os seis millóns de euros para cubrir posibles impagos e ademais reserváronse outros seis millóns con vistas a renovar o instrumento o vindeiro ano, algo que agora confirmou o conselleiro.

Lei de recuperación da terra

O titular de Medio Rural enmarcou esta iniciativa no “firme compromiso da Xunta con este eido produtivo clave do noso rural”. Nesta liña, lembrou ademais as posibilidades de desenvolvemento que se abren con iniciativas normativas en marcha, como a futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que recentemente iniciou a súa tramitación no Parlamento. 

Este texto legal facilitará a consecución de superficie suficiente aos interesados en dispoñer dela, co conseguinte aforro dos custos de produción. Será, engadiu o conselleiro, a través de ferramentas como as aldeas modelo, as agrupacións de xestión conxunta ou os polígonos agroforestais. Precisamente, en relación con esta última figura, o conselleiro sinalou que se contemplan superficies mínimas en función do cultivo que se vaia levar a cabo en cada zona.

Por outra banda, neste contexto de apoio ao sector, o conselleiro recordou tamén que este mesmo martes veñen de convocarse axudas por importe de 3,65 millóns de euros para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas ao longo do bienio 2021-2022, unhas achegas das que -salientou- poden beneficiarse adegas, organizacións de produtores, asociacións e organizacións profesionais. 

Entre os obxectivos que perseguen estas subvencións atópanse os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria, impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental ou promover a innovación e o incremento da dimensión empresarial do sector.

ÚLTIMAS

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...