HomesociedadeOs socialistas de Quiroga reparten 2.500 máscaras para o tecido empresarial do...

Os socialistas de Quiroga reparten 2.500 máscaras para o tecido empresarial do concello

A Agrupación Socialista de Quiroga repartiu estes días 2.500 máscaras cirúrxicas para os traballadores, os autónomos, as empresas e o pequeno comercio do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Voceiro socialista, Vicente Parra, afirmou que dende a Agrupación Socialista de Quiroga seguirán traballando para mellorar a calidade de vida da veciñanza, “e estamos a disposición deles para todo o que precisen. E queremos agradecer tamén a boa acollida desta iniciativa por parte do pobo de Quiroga”.

“Fixémolo para contribuír co noso pequeno gran de area aos traballadores dos nosos pequenos comercios e das nosas empresas que sempre estiveron ao pé do canón ao longo desta pandemia. Por iso queremos agradecer con este pequeno xesto a implicación de todos os sectores durante estas datas, e que por fin xa parece que chegan ao seu fin”, remarcou Parra.

Pouca implicación do Concello do PP

Por último Vicente Parra lamentou a pouca implicación do Concello do PP de Quiroga durante esta pandemia. “Nós non queremos que ninguén quede atrás, e dende os concellos temos que arrimar o ombreiro coa veciñanza para saír adiante desta crise, esa vai seguir sendo a nosa folla de ruta, o traballo e o compromiso cos veciños e veciñas de Quiroga”, dixo.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...