IniciosociedadeA Ruta do Viño da Ribeira Sacra chega aos Premios Mestre Mateo

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra chega aos Premios Mestre Mateo

Os vídeos da campaña levan sumados en facebook máis de 288.000 visitas. Da sorte que corre a candidatura da Ruta do Viño da Ribeira Sacra na Categoría de Mellor anuncio publicitario saberase ago máis o día 1 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Pasaron os días de encerro e agora… Seguimos aquí para tí.” Así presentaba o 10 de xullo do pasado ano, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra a campaña para recuperar as visitas despois do confinamento. “Descrubre máis de todo o que temos para ofrecerche a partir das próximas semanas nas nosas redes. Polo demais só tes que vir”, así concluía o post nas redes. O vídeo desa publicación amosa a saída dunha persoa confinada, abandonando a casa para abrirse a unha gran paisaxe do territorio Ribeira Sacra.

Este é o spot candidato aos XIX Premios Mestre Mateo, e faino dentro dunha campaña maior, completada con outras pezas audiovisuais. Ademais do primeiro “Seguimos aquí para tí”, o 15 de xullo publicouse “Volvemos a Respirar”, peza que ofrece unha visión xeral dos recursos do territorio da Ruta do Viño da Ribeira Sacra; o 21 de xullo publícase “Volvemos a Descrubrir”, centrado na paisaxe e no patrimonio. Remataríase o 25 de xullo con “Volvemos a brindar” enfocado ao viño e a viticultura da Ribeira Sacra.

Os vídeos da campaña, desenvolta por Némesis Adiovisual levan sumados en facebook máis de 288.000 visitas. Da sorte que corre a candidatura da Ruta do Viño da Ribeira Sacra na Categoría de Mellor anuncio publicitario saberase ago máis o día 1 de febreiro, cando se coñezan os finalistas desta edición que terá como remate, previsiblemente, finais de febreiro para coñecer aos gañadores.

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...