HomeCulturaA cultura mobilízase en defensa do colexio do Courel

A cultura mobilízase en defensa do colexio do Courel

Unha representación do mundo da cultura, formada por perto de 60 persoas protagonizan un vídeo de apoio á ANPA do CPI Uxío Novoneyra do Courel, en defensa do servizo de transporte que vén funcionando nas últimas décadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vídeo combina imaxes inéditas que Manuel Valcárcel editara para o filme “Tempo” con imaxes de artistas comunicando as razóns do seu apoio ao colexio do Courel e ao rural galego. 

Entre as persoas que apoian a escola de Seoane, atópanse artistas que xa se teñen posicionado no pasado en defensa do Courel, como a actriz Mabel Ribera, o xornalista Enrique Banet, os actores Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Mónica Garcia ou Federico Pérez. Tamén participan no audiovisual outros artistas con vínculos co Courel, como Branca Novoneyra, Miguelanxo Lar, Séchu Sende, Vicente Reboleiro ou Xesús Manuel Marcos.

Do mesmo xeito, podemos encontrar músicas como Guadi Galego, Uxía, o Leo, Alba María, Xurxo Souto ou Najla Shami; escritoras como Olga Novo, Oriana Méndez ou Ánxeles Cuña; artistas de música infantil como Paco Nogueiras, Peter Punk e Paco Cerdeira; desde o sector audiovisual, creadores como Manuel Valcarcel, Carlos Ares ou Luis Avilés; e do mundo editorial, Mercedes Vázquez ou Rosa Espinheira.

O vídeo solidarízase coas reivindicacións da ANPA do Courel en relación co proceso de concurso inicialmente aberto pola Xunta de Galiza -actualmente paralizado a causa da presión popular, xa que deixaba a 6 autónomos do Courel sen traballo. O audiovisual visibiliza a contradición entre a legalidade vixente, que promove un tratamento especial às zonas de montaña e rurais, e a proposta da Xunta da Galicia que provocaría, aseguran, un empobrecemento dos servizos e a desaparición de seis postos de traballo neste concello.

O vídeo finaliza explicando que este ataque contra o rural no Courel é “un caso entre moitos”, e reivindicando un ensino público de calidade para as crianzas galegas, “vivan onde vivan”, cunha defensa dos dereitos do rural.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...