HomesociedadePreocupa a situación da provincia, que suma 170 casos novos nun día

Preocupa a situación da provincia, que suma 170 casos novos nun día

O Hospital de Monforte atende tres pacientes, un máis ca onte.

Publicado o

- Advertisement -

A evolución da pandemia na área sanitaria de Lugo mantén a súa tendencia á alza logo de confirmarse 170 casos novos de coronavirus a través de PCR nas últimas 24 horas. É unha cifra próxima ao récord de contaxios detectados nun día durante toda a pandemia en Lugo. Ademais, o total de casos activos sitúase nos 1.545 (96 máis ca onte).

Tal como prevía o xerente da área sanitaria, a gravidade da situación está a ter consecuencias sobre a presión asistencial. Fronte aos 46 ingresados de onte, os hospitais da provincia atenden hoxe 52 pacientes de Covid-19. O HULA conta 21 en planta e once na UCI; o Hospital da Mariña, 17; e o de Monforte, tres.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...