HomesociedadeQuiroga suma 62 casos de Covid19 e pide medidas restritivas

Quiroga suma 62 casos de Covid19 e pide medidas restritivas

Quiroga suma 18 novos casos nun só día e sitúase en 62 casos activos de Covid-19. O concello sinala no seu facebook que as cifras son preocupantes e fan que a incidencia acumulada se dispare ata cotas insospeitadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante unhas cifras que xa veñen preocupando dende fai días o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, púxose en contacto cos responsables sanitarios da provincia a primeira hora desta mañá co fin de solicitarlles que “tomen medidas para tentar parar este alarmante incremento de casos”.

O rexedor local solicita un cribado masivo da poboación de Quiroga, que considera se debería facer extensivo a Ribas de Sil. O alcalde pide tamén que se apliquen medidas restritivas de mobilidade cidadá e se pechen os centros educativos. Julio Álvarez ofrece todos os medios dispoñibles e ponse a disposición como enfermeiro.

Os responsables sanitarios estudarán as peticións en canto a mobilidade, pero o peche dos centros educativos corresponde á Consellería de Educación. Entre tanto o alcalde pide á veciñanza que se autoconfine na medidas sas súas posibilidades, mentres continúa a desinfección de rúas e a desinfección manual das entradas e saídas de edificios.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...