HomesociedadeA asociación veciñal do Saviñao demanda medidas para mellorar as condicións de...

A asociación veciñal do Saviñao demanda medidas para mellorar as condicións de vida dos maiores

Solicitan o servizo "Xantar na casa" e a creación dun centro de día. Consideran que a carencia máis grave do municipio é a falta dunha residencia pública de maiores e dun centro de día, o que obriga ás familias a buscar centros noutros concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O municipio do Saviñao é o único da comarca que carece de residencia pública de maiores e de centro de Día. Contan cos apartamentos tutelados da praza Maior, que aseguran, non dá cuberto as necesidades  reais por ser inalcanzable para a maioría das pensións que cobran os maiores do Saviñao. Consideran que esta é a carencia máis grave que padece a día de hoxe o municipio, motivo polo que propoñen dúas medidas de “necesidade inmediata” ao pleno da corporación:

  1. SOLICITAR O SERVIZO “XANTAR NA CASA “.

Dende hai dez anos a Xunta de Galiza ofrece este servizo, que consiste en levar a comida aos domicilios das persoas maiores a un prezo económico. Desde a asociación aseguran non entender que o concello non teña solicitado nada, polo que piden que a Corporación Municipal se decida a reclamar este servizo, previa valoración da demanda dende Axuda no fogar, e que inclúa os custos que orixine nos presupostos do presente ano.

  • CREACIÓN DUN CENTRO DE DÍA.

Para a asociación, a carencia máis grave que arrastra o concello é a falta dunha residencia pública de maiores e dun centro de día, o que obriga ás familias a buscar centros noutros concellos. Aproveitando que este ano vai abrir o novo centro de saúde, propoñen que se aproveite o edificio do actual ambulatorio, tras as  reformas necesarias, como centro de día.

Dende a Asociación reclaman que a veciñanza reciba todos os servizos que a administración galega lle ofrece ao conxunto da comunidade. Insisten e que “a súa carencia repercute negativamente no segmento de poboación de maior idade e supón unha discriminación para O Saviñao que se debe só á falta de iniciativa da Corporación local.”

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...