HomesociedadeSoben a 27 os positivos por coronavirus no IES Río Cabe de...

Soben a 27 os positivos por coronavirus no IES Río Cabe de Monforte

O sistema educativo galego segue sumando cifras 'marca' de contaxios nesta terceira onda da pandemia. Este mércores alcanzou un novo máximo de casos, tras rexistrar un total de 3.400 positivos nos centros, institutos e escolas infantís do territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O total de casos activos nas instalacións educativas aumentou en 48 respecto ao día anterior, a menor diferenza entre xornadas desde a volta ás clases tras o Nadal. A pesar diso non só mantense a tendencia de incremento deste indicador rexistrada das últimas semanas, senón que os centros contan este mércores con 1.150 positivos máis que fai sete días.

De feito, o balance facilitado pola Xunta non detalla os novos contaxios que se rexistran nos centros educativos nin os alumnos afectados por corentenas, senón os casos que permanecen en activo e as aulas e centros pechados por decisión da autoridade sanitaria (non se recolle se é por iniciativa do equipo directivo da escola).

A área sanitaria de Lugo rexistra 309 positivos, destaca o IES Río Cabe de Monforte de Lemos con 27, o segundo de Galicia con máis casos, e o IES María Sarmiento de Viveiro con 14. No sistema educativo galego da zona sur de Lugo da provincia cóntase 106 casos activos. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...