HomesociedadeO Incio aproba un orzamento de 1.319.454 euros

O Incio aproba un orzamento de 1.319.454 euros

O Concello do Incio vén de aprobar no seu primeiro pleno telemático (4 participaron en liña e 5 desde a Casa Consistorial) celebrado este venres os Presupostos municipais para o ano 2021 que ascenden a 1.319.454 euros. As contas obtiveron os votos a favor do equipo de Goberno, do PP, e a abstención do PSdeG-PSOE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á contía aprobada haberá que sumarlle a achega do Plan Único da Deputación de Lugo, que ascende a 291.000 euros. Unha vez se incorpore esta cantidade, o Goberno local destinará a investimentos preto de 220.000 euros do Plan.

As contas aprobadas destinan 30.000 euros a investimentos para obras de reparación. A este investimento sumarase unha partida de 37.720 euros procedentes do Plan Único para obras, aos que hai que sumar preto de 25.000 euros máis de actuacións que serán cofinanciadas pola Xunta de Galicia.

Engádese tamén unha partida municipal de 9.900 euros ao Plan de mellora de camiños municipais da Xunta de Galicia, que hoxe mesmo publica o DOG.

O alcalde, Héctor Corujo, subliña o “importante esforzo” que es está a facer en gasto social, con especial atención ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cuxo orzamento medra cada exercicio. No ano 2018 o custo dese servizo foi 189.031,83 euros, no 2019; 217.275,60 euros, no 2020 227.238,90 euros e “temos a firme vontade de ser capaces de seguir prestando o servizo a todos os que nolo soliciten e incluso incrementar o número de usuarios”, precisa.

Tamén destaca os recursos que se destinan a financiar actividades para os veciños e veciñas, así como o servizo de madrugadores posto en marcha en colaboración co CEIP Ricardo Gasset para axudar na conciliación da vida familiar e laboral, entre outros.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...