HomesociedadeQuiroga data a Feira do Viño para o 24 e 25 de...

Quiroga data a Feira do Viño para o 24 e 25 de xullo

O 24 e 25 de xullo é a data escollida pola comisión de traballo para celebrar a Feira do Viño de Quiroga. Todo apunta a que dada a situación sanitaria, este ano tampouco se celebrará esta cita festiva en Semana Santa, pero aínda así agárdase celebrar actividades especiais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova edición que se celebre da feira do viño marcará un antes e un despois neste evento festivo, posto que como xa se decidiu o pasado ano, a partir de agora estará aberta non só a pequenos viticultores se non tamén ás adegas industriais da subzona Quiroga-Bibei, á que pertence Quiroga. Por primeira vez xuntaranse na Feira do Viño de Quiroga, os caldos elaborados de maneira tradicional cos elaborados de forma industrial.

A comisión organizadora non quere que a data do 3 e 4 de abril (Semana Santa) pase desapercibida polo que está a traballar en actividades alternativas.

A deste ano será unha homenaxe a todos os adegueiros artesanais q,ue pasaron por esta feira nestas 39 edicións. A publicación dunha revista conmemorativa e unha exposición coas botellas que acudiron a estes certames serán algunhas das actividades que se levarán a cabo durante a Semana Santa.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...