HomesociedadeFormación online de balde en Sarria

Formación online de balde en Sarria

Os cursos, que comezarán a partir do 5 de febreiro, están enfocados a traballadores por conta allea e autónomos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria e a entidade Foro de Formación e Edicións veñen de asinar un convenio que permitirá a formación gratuíta e en liña de traballadores, incluídos os autónomos e os que se atopen en situación de Erte ou Ere.

Os cursos están destinados aos traballadores dos sectores ambiental, gran distribución, agricultura, gandería, alimentación, construcción, sector textil, novas tecnoloxías e sector químico. Destacar que ao ser virtuais adáptanse aos horarios de todos os traballadores, sempre que se finalicen dentro da data final.

A formación ofrece a posibilidade de adquirir, sen custe algún para interesadas e interesados, novos coñecementos e complementar a formación laboral. Unha formación que pode abrir a porta a novas oportunidades laborais e que chega a Sarria grazas ao do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae).

A listaxe con todos os cursos dispoñibles, que comezan o día 5 de febreiro, está dispoñible na páxina web do concello podendo os interesados e as interesadas chamar por teléfono e contactar co axente de emprego local (982-535000) para informarse mellor, coñecer prazas libres e apuntarse.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...