HomesociedadeSegue pechada a escola de Taboada mentres na provincia son 364 os...

Segue pechada a escola de Taboada mentres na provincia son 364 os estudantes contaxiados

Tamén están pechadas as escolas infantís de Viveiro e Friol.

Publicado o

- Advertisement -

Os centros educativos galegos superaron un día máis o máximo de contaxios rexistrado en todo o curso. Os positivos por COVID-19 nestas instalacións alcanzan xa os 3.725, case un cento máis que o venres e preto de mil máis que hai unha semana. Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 184 aulas por decreto da autoridade sanitaria, unhas 24 máis, ademais dun total de sete escolas infantís. Entre elas están o PAI de Friol, o de Taboada e a EI de Viveiro.

Os centros da área de Lugo suman 364 casos, 20 máis, e 12 unidades e tres escolas pechadas.

Un dos datos máis destacados do balance facilitado pola Xunta este sábado é que os centros da área da Coruña superan xa o milleiro de casos activos e suman un total de 1.005, ademais de 44 aulas pechadas. Máis dunha trintena de escolas superan a decena de positivos nas súas instalacións.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...