HomesociedadePizarras dixitais interactivas na gardaría do Saviñao

Pizarras dixitais interactivas na gardaría do Saviñao

O centro dispón de dous dispositivos destas características cos que a entidade local pretende facilitar o acceso ás novas tecnoloxías dos nenos e nenas matriculados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao vén de instalar dúas pizarras dixitais interactivas na gardaría municipal. A través desta iniciativa, sufragada pola entidade local con fondos propios, preténdese facilitar o acceso ás novas tecnoloxías dos nenos e nenas matriculados no centro.

O equipo de goberno asegura ver a necesidade de que a educación pública en todas as súas etapas se adapte aos novos tempos, entendendo que as ferramentas dixitais poden ser un apoio importante para o educador á hora de potenciar e desenvolver a súas actividades, ademais de avanzar na aprendizaxe da pronunciación dunha forma lúdica.

O alcalde da localidade, Carlos Armesto, explica que este programa de pizarras dixitais “é unha aposta máis polas escolas infantís, xa que temos o convencemento, di, de que investir en educación é unha garantía de futuro”. Neste senso, engade que “serven para dar un mellor servizo ás familias e ter unha escola máis áxil e moderna”. 

ÚLTIMAS

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación 'E para Dixitalizarse, Lugo'...

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...