HomesociedadeO alcalde de Sarria sorpréndese pola virulencia do contaxio na residencia

O alcalde de Sarria sorpréndese pola virulencia do contaxio na residencia

O alcalde de Sarria, preocupado polo brote na residencia, sinala que os afectados están "estables". Este luns inmunizarase coa segunda dose aos 9 internos que non se contaxiaron, tras facerlles un test de antíxenos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os 74 usuarios e os seis traballadores que permanecen aínda contaxiados por covid-19 na residencia de Sarria, atópanse “estables”, e “non hai ningún que precise axuda de osíxeno”. Asegura o alcalde, Claudio Garrido, quen confesou que esta foi unha fin de semana “de bastante preocupación, cunha incidencia altísima”, xa que só nove dos residentes quedaron sen contaxiar.

O alcalde sorpréndese pola virulencia do contaxio, xa que os residentes e o persoal xa recibiran a primeira dose da vacina. No centro, explicou o rexedor, producíronse “tres falecementos, dous de persoas con patoloxías moi complicadas e outra persoa que falecía onte pola tarde e que tamén tiña unha patoloxía complicada”.

O resto de usuarios afectados, precisou Claudio Garrido, “están illados e estables, non hai ningún que precise de axuda de osíxeno”. O alcalde agradeceu “todo o esforzo que fixo o persoal da residencia e tamén desde a Xunta”, que enviaron unha unidade domiciliaria e “colaboraron desde o primeiro momento” tanto desde o Sergas como Política Social. O alcalde de Sarria confirmou a EP que este luns comezarase a administrar a segunda dose de vacina aos nove residentes negativos, aos que “previamente se lles fará unha proba de antígenos”, así como a todo o persoal, excepto aos seis contaxiados. “Creo que é un paso para garantir unha inmunidade que permita superar este brote tan forte na residencia”, concluíu.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...