HomesociedadeMonforte executa 31 proxectos desde setembro do 2020 cun investimento de máis...

Monforte executa 31 proxectos desde setembro do 2020 cun investimento de máis de 10 millóns de euros

O Concello de Monforte aporta 4.645.169,13 euros, dos cales 3.455.208,07 € corresponden con remanentes municipais, 166.189,99 € están incluídos no Orzamento do ano 2020 e 23.771,07 € no Orzamento do ano 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer este luns en rolda de prensa os proxectos que dende o Concello se puxeron en marcha dende o mes de setembro do pasado ano 2020, logo de que no Pleno da Corporación Municipal celebrado o luns 28 de setembro de 2020, o Alcalde anunciara que o Concello de Monforte poría en marcha, ata finais de ano, como mínimo, 23 proxectos que, ou ben quedarían contratados, ou conveniados ou afectados por unha subvención.

Finalmente foron 31 proxectos os proxectos contratados, ou conveniados ou afectados por unha subvención, que supoñen un investimento total de algo máis de 10,5 millóns de euros, en concreto, 10.510.355,64 €. Dos máis de 10,59 millóns de euros investidos en Monforte, as aportacións por institucións son as seguintes:

Concello de Monforte aporta 4.645.169,13 euros, dos cales 3.455.208,07 € corresponden con remanentes municipais, 166.189,99 € están incluídos no Orzamento do ano 2020 e 23.771,07 € no Orzamento do ano 2021.

Os diferentes convenios asinados coa Deputación de Lugo supuxeron investimentos por valor de 1.162.541,40 euros.

A renovación de todo o alumeado público do Concello con tecnoloxía LED, a través de dous proxectos que se desenvolverán tanto na zona urbana como na zona rural, suporá que o I.D.A.E. aporte 2.689.088,51 euros.

Os convenios asinados coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para a mellora do saneamento de Monforte, supuxeron unha aportación da Confederación Hidrográfica de 1.920.000 euros.

Finalmente, a Xunta de Galicia, aportou 93.556,60 euros, a través do Agader (48.669,60 €) e do Xacobeo (44.887 €).

R.P. proxectos Monforte / concello de Monforte

“A raíz destes datos” incidiu o Alcalde, “a diferencia entre administracións é abismal. E a todo isto, hai que engadir os máis de 5,5 millóns de euros da supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco, que se licitarán entre marzo e abril de 2021”.

31 actuacións desenvoltas en Monforte

1- Instalación de novas áreas biosaudables nas parroquias de DistrizGullade e Moreda cun orzamento: 8.439,75 €

2 e 3- Posta en valor da Torre da Homenaxe e do Centro do Viño cun orzamento conxunto destes 2 proxectos é de 45.980 €.

4- Acondicionamento da Fonte de Rozabale cun orzamento: 15.585,51 €.

5 e 6- Renovación de todo o alumeado público do Concello (zona urbana e zona rural) con tecnoloxía LED. Orzamento: 3.361.360,65 €.

7- Ampliación e mellora do Parque Infantil da Compañía. Orzamento 168.907,77 €

8- Arranxo do Local social de Reigada. Orzamento: 19.102,05 €.

9- Mellora e peonalización da rúa Abelardo Baanante. Orzamento: 95.515,20 €

10- Mellora e peonalización da rúa Armando Cotarelo. Orzamento: 42.569,02 €.

11- Mellora da praza do Dr. Goyanes. Orzamento: 86.914,02 €.

12- Reforma integral da cuberta do Edificio Multiusos. Orzamento: 247.775,75 €

13- Construcción dunha pista de Skate na Compañía. Orzamento: 77.096,51 €.

14- Mellora da accesibilidade da praza Campo de San Antonio. Orzamento: 26.504,99 €

15- Proxecto de mellora da Accesibilidade de Monforte. Orzamento: 295.108,11 €.

16- Mellora da rúa A Veiga. Orzamento: 50.275,40 €

17- Arranxo da rúa Ferrocarril. Orzamento: 28.189,30 €.

18- Arranxo do Camiño da Barxa. Orzamento: 23.771,07 €. 

19- Sinatura, en novembro, do convenio coa CH Miño-Sil para seguir mellorando o saneamento de Monforte: rúa Morín, rúa Xoan Montes, rúa Valle-Inclán despois da vía do tren, Barrio das Cruces xunto ó Regato das Malloadas, e supresión do aliviadero do Parque dos Condes. Orzamento: 2.400.000 €.

20- Mellora das telecomunicacións do Edificio Multiusos. Orzamento: 39.080,73 €.

21- Dotación de iluminación ó campo da Pinguela. Orzamento: 79.863,96 €

22- Reforma da instalación eléctrica do pavillón polideportivo da Pinguela. Orzamento: 27.962,07 €.

23- Proxecto de reparcelación da “Zona C”. Orzamento: 1.023.698,80 €.

24- Nova iluminación do Paseo dos Loureiros. Orzamento: 23.595 €.

25- Novo Parque Infantil na urbanización Val de Lemos. Orzamento: 73.590,64 €.

26- Adecuación do espazo escénico do Edificio Multiusos. Orzamento: 18.029 €.

27- Renovación da rúa Costa da Pena. Orzamento: 48.361,33 €.

28- Mellora do Local social de Probeiros na parroquia de A Parte. Orzamento: 44.189,18 €.

29- Novo Parque do Barrio do Hospital. Orzamento: 570.922,56 €.

30- Mellora do teito da Praza de Abastos. Orzamento: 67.967,27 €.

31-Ponte de Ferro do Malecón: Orzamento: 1.500.000 €.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...