HomesociedadeMonforte adica 3.000 euros ao cribado de 4.500 persoas que comeza o...

Monforte adica 3.000 euros ao cribado de 4.500 persoas que comeza o día 5 de febreiro

O cribado masivo que o Sergas desevolverá en Monforte entre o 5 o 7 de febreiro farase na zona da Pinguela e cóntase coa colaboración do concello, que aporta medios técnicos e medios humanos, cun custe para a administración local que superará os 3.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Concello, indica o Alcalde, “consideramos que a mellor ubicación para este cribado é o aparcamento existente entre o Campo de Fútbol e o Pavillón Polideportivo de A Pinguela, por ser un espazo aberto o suficientemente amplo para delimitar as catro filas de acceso dos vehículos dos cidadáns citados para o cribado, e porque conta cun acceso e unha saída independentes, facilitando así o tránsito seguro dos vehículos”.

A entrada dos vehículos tería lugar pola rúa A Pinguela, bordeando por detrás dos edificios de vivendas, e saíndo por diante da Piscina Municipal para acceder á estrada Monforte-Sober.

A colaboración do Concello concrétase coa instalación dunha carpa de 20×10 metros, na que o Sergas ubicará os 4 puntos destinados á recepción e atención dos cidadáns citados para a realización das probas.

Dende o Concello tamén se desenvolverá, a través da Policía Local e dos Axentes da Cidadanía, o dispositivo de tráfico necesario para que o cribado masivo se leve a cabo con total seguridade. Deste xeito, levarase a cabo un control de tráfico, coa colocación das correspondentes sinais e indicacións para a regulación do tráfico na zona establecida para o cribado e establecendo un control ás entradas e saídas dos vehículos. Para a coordinación deste dispositivo de tráfico haberá unha patrulla de dous policías para cubrir os turnos correspondentes.

Tendo en conta esta colaboración entre administracións, o Alcalde anima á cidadanía que sexa convocada a este cribado a que participe no mesmo, e reitera o compromiso do Concello monfortino en erradicar esta pandemia.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...