HomesociedadeAxudas para o tecido económico de Láncara na pandemia

Axudas para o tecido económico de Láncara na pandemia

O concello de Láncara traballa nun paquete de axudas para o tecido económico do municipio. “Estamos diante dunha situación moi delicada, os nosos comercios, os nosos autónomos, e as nosas empresas locais están facendo fronte a moitos gastos, pero con poucos ingresos por mor da pandemia”, sinala o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Darío Piñeiro asegura o que o concello está elaborando un paquete de axudas consensuadas cos sectores afectados, encamiñadas a reactivar ao comercio local, aos autónomos, as empresas e as familias de Láncara.

O alcalde insiste en que “o Concello de Láncara segue a disposición de todos as veciñas e veciños para axudar, dentro das nosas posibilidades, a saír adiante nesta situación tan excepcional que estamos vivindo por mor do coronavirus”. E proseguiu “seguimos traballando para que ninguén quede atrás nesta situación, e o Concello de Láncara ten as portas abertas para todos os colectivos e entidades sen excepción, que precisen da nosa axuda”, remarcou.

Feira da carne de Tenreira

O rexedor tamén aludiu á celebración da Feira de carne Tenreira Galega, declarada de interés turístico de Galicia, que se celebra cada 1 de Maio. “Este ano, non poderemos desfrutar da feira tal e como a tiñamos concibida, como facíamos noutras edicións por mor da pandemia, pero quero anunciar que dende o Concello estamos elaborando unha serie de propostas alternativas para que a Feira segue sendo a protagonista da nosa historia. Celebraremos a feira, doutro xeito, e cumprindo estritamente as normas sanitarias”, dixo.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...