HomesociedadeAdif licita a rehabilitación de trincheiras na liña Monforte Vigo

Adif licita a rehabilitación de trincheiras na liña Monforte Vigo

Adif aprobou a licitación por 1,85 millóns de euros dun contrato para a rehabilitación de tres trincheiras na rede ferroviaria galega de ancho convencional, dous delas na liña Monforte de Lemos-Vigo e unha terceira na liña Guillarei-fronteira portuguesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou Adif nun comunicado, a actuación, que sae a licitación cun orzamento de 1.850.937,77 euros (IVE incluído), comprende o reforzo e reparación do tres trincheiras ferroviarias “co obxectivo de mellorar as súas condicións de conservación e durabilidad”.

Na liña Monforte de Lemos-Vigo serán obxecto de reparación dúas trincheiras, localizadas nos puntos quilométricos 51,030 ao 51,130 (termo municipal de Ourense). En concreto, indica Adif, realizarase un saneo do noiro, retirada de bloques soltos, limpeza de cunetas, reaxuste da malla de cable, así como a súa reparación e substitución nos casos necesarios, e aumento do bulonado, con malla regular de 3×3 metros e bulones de catro metros de lonxitude.

Mentres entre os quilómetros 68,100 e 68,300, en Ribadavia (Ourense), “executarase un retaluzado para garantir a súa estabilidade e disporanse novos sistemas de drenaxe para reconducir as augas superficiais”, explica Adif.

Esta actuación de mellora, lembra Adif, “enmárcase dentro da potenciación do Corredor Atlántico, que inclúe a conexión ferroviaria con Galicia a través do eixo A Coruña-Vigo-Ourense-León”.

Respecto diso, a entidade recalca que “o obxectivo final destas actuacións é aumentar a capacidade e fiabilidade da rede ferroviaria” para, conclúe, “incrementar os tráficos tanto de pasaxeiros como de mercadorías, mellorando a calidade do servizo”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...