HomesociedadeO concello de Bóveda incorpora un axente de emprego e desenvolvemento local

O concello de Bóveda incorpora un axente de emprego e desenvolvemento local

A traballadora vaise encargar de xestionar e implantar as axudas, subvencións e políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e a inserción laboral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda vén de incorporar unha axente de emprego e desenvolvemento local que estará a disposición dos veciños e veciñas naquelo que poidan necesitar en relación co mercado laboral e as oportunidades de traballo.

Con esta incorporación o Goberno municipal pretende acadar unha maior dinamización e crecemento económico do territorio, así como fomentar o desenvolvemento local.

A axente de emprego e desenvolvemento local prestará servizo de asesoramento, información e apoio á tramitación aos seguintes colectivos: Emprendedores, Empresas e persoas autónomas, Demandantes de emprego.

Entre as súas funcións estará tamén a intermediación laboral: recepción de ofertas laborais por parte das empresas e CVs dos demandantes de emprego co obxectivo de realizar o seu emparellamento.

Prestará ademais un servizo de orientación e apoio técnico: elaboración de CV, información sobre oferta formativa e o mercado laboral,  así como tamén proporcionar técnicas e ferramentas para a busca activa de emprego.

O horario de atención ao público é de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas. Dada a situación sanitaria que atravesamos recoméndase solicitar cita previa a través do teléfono 982 42 60 06.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...