HomePolíticaQuiroga arranxará o cemiterio de Quintá de lor

Quiroga arranxará o cemiterio de Quintá de lor

A Agrupación Socialista de Quiroga conseguiu o compromiso do Alcalde de atopar unha solución parra arranxar o cemiterio de Quintá de Lor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro socialista, Vicente Parra, avanzou que nas pasadas datas rexistrou un escrito no Concello co que reclamaba ao Alcalde que realizase as xestións pertinentes para proceder á reparación do muro de contención sobre o que se asentan os nichos do cemiterio de Quintá de Lor, debido a o seu acusado deterioro. Este cemiterio presta servizo nos núcleos rurais de Santa Andrea, Freixeiro, Margaride, San Pedro, Conceado, Paradela, Carballo de Lor, Poza e Rio Maior.

Así as cousas Parra explica que recibiu unha notificación do Concello, na que se sinala que o Concello está disposto a colaborar para arranxar esta situación, segundo se explica no propio documento; “o Concello está disposto a formalizar un convenio de colaboración coa Diócese, como xa fixo noutras ocasións anteriores, coa finalidade de mellorar a instalación do cemiterio parroquial, tal e como indiquen os técnicos”.

O Voceiro remarca que rexistrou esta petición tras escoitar as demandas das veciñas e veciños, que denunciaron o lamentable estado no que se atopa este cemiterio de Quiroga. “Hoxe por fin comprobamos que as nosas queixas foron escoitadas, por iso estaremos vixiantes a que se cumpran esta petición, tal e como di o escrito asinado polo propio Alcalde de Quiroga. Por iso desexamos que non quede só nunha declaración de intencións, porque o  cemiterio de Lor necesita un arranxo urxente”, resumiu.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...