HomesociedadeA Xunta recoñece "deficiencias" na contratación do servizo escolar no Coruel

A Xunta recoñece “deficiencias” na contratación do servizo escolar no Coruel

O conselleiro de Educación di que se "corrixirán" algúns aspectos do contrato tras as protestas en toda a comarca.

Publicado o

- Advertisement -

O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, abriu a porta a “corrixir” aspectos do contrato de transporte escolar no municipio lugués de Folgoso do Courel durante o período de revisión aberto tras a paralización do proceso de adxudicación hai semanas.

Díxoo en resposta a unha pregunta formulada no pleno do Parlamento galego celebrado este mércores pola deputada do BNG María del Carmen Aira, que acusou á Xunta de pretender “precarizar” a vida dos nenos no rural e, en concreto, na montaña luguesa cunhas condicións para o transporte escolar que os faría “pasarse dúas horas ao día na estrada”.

Na súa resposta, tras tachar de “argumentos infantís” os expostos pola parlamentaria nacionalista, o titular de Educación recoñeceu que poderían ser corrixidos determinados aspectos dun contrato que, unha vez revisado, volverá iniciar o seu proceso de licitación.

“Queremos cumprir a lei e as normas básicas de contratación”, manifestou Rodríguez despois de indicar que poden existir “deficiencias” nas condicións da licitación do servizo, que xerou o rexeitamento da comunidade educativa de Folgoso do Courel e a corporación deste municipio lugués gobernado polo PP.

Así as cousas, apuntou que o contrato “non está pechado” para a súa adxudicación. “A vostede gustaríalle que cortase as esperanzas de non corrixir, daríalle ánimos para seguir no seu discurso infantil. Estamos buscando solucións, sempre respectando a lei”, incidiu Rodríguez en apelación á parlamentaria do BNG.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...