HomePolíticaAs deficiencias no transporte do Ceip Xoán de Requeixo no Parlamento

As deficiencias no transporte do Ceip Xoán de Requeixo no Parlamento

O BNG tras as queixas de diferentes persoas afectadas polas deficiencias no horario do transporte do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, levou ao Parlamento Galego esta problemática e adeputada luguesa, Carme Aira, presentou unha iniciativa pedindo a solución a este situación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Parte do alumnado do CEIP Xoán de Requeixo leva dende o pasado curso 2019- 2020 cun problema no horario do transporte escolar. O que piden as familias afectadas é adaptar o horario do transporte escolar ao lectivo e de comedor, e evitar agardar polo autobús 45 minutos.

A pasada semana, a Deputada do BNG por Lugo Carme Aira rexistrou unha iniciativa parlamentar coa intención “de solucionar este desaxuste horario” xa que “ en política é moi importante resolver os problemas da vida cotiá” e é incrible que se dean situacións tan anómalas e cunha solución tan sinxela.

O que estaba a acontecer nestas liñas de transporte escolar é unha mostra máis da “falta de planificación e do desinterese do goberno galego polos problemas da vida real, seguindo a liña de recortes de recursos públicos, nomeadamente no ámbito rural”, abonda a deputada nacionalista autora da iniciativa que tivo como resposta a pronta corrección de dúas das rutas con deficiencias no horario do transporte escolar do Xoán de Requeixo, quen ademais celebra a “medida adoptada pola Xunta” pero lembra que “aínda existen outras liñas que manteñen o horario de autobús ás 16:00h” e o goberno galego ten que asegurar ao todo o alumnado un servizo axeitado de autobús, que ademais sexa público, gratuíto e de calidade e que garanta a igualdade de oportunidades ‘vivan onde vivan, e sexan moitos ou poucos‘ engade a deputada.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...