HomesociedadeCCOO denuncia o "afán recaudatorio" do concello de Monforte coas probas para...

CCOO denuncia o “afán recaudatorio” do concello de Monforte coas probas para Policía Local

Comisións Obreiras insta ao Concello de Monforte a cambiar a data das probas de acceso ás 3 prazas de Policía Local convocadas para o día 26 de febreiro. O sindicato asegura ter recibido moitas queixas de afiliados porque as probas coinciden coas convocadas pola Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato presenta unha queixa formal ante a FEGAMP na que fai constar que “non é so unha cuestión de legalidade senón de ética e sensibilidade, xa que, os 301 aspirantes inscritos no proceso terán que optar por presentarse a unha ou outra. A gran maioría dos aspirantes optarán por presentarse á convocatoria unitaria de 94 prazas fronte a 3, a elección está clara.”

Pregúntanse desde CCOO que intereses pode haber en eliminar da convocatoria a 280 aspirantes que están inscritos nos dous procesos selectivos?

CCOO afirma que o Concello non debería entorpecer e poñer dificultades no acceso ao emprego público daquelas persoas que fan un esforzo persoal, económico e familiar para preparar unha oposición pagando os correspondentes dereitos de exame. Neste senso o sindicato censura “o afán recaudatorio do Concello e que xogue co esforzo e as ilusións da xente.”

CCOO solicita ao Concello que de persistir a intención de convocatoria das probas o mesmo día que as da AGASP, se lle devolva aos aspirantes que acrediten terse presentado ás probas unitarias o importe da taxas por dereitos de exame. “Case 6.000 euros recadados polo Concello en concepto de dereitos e exame, a razón de 18,87 € aspirante,” aseguran.

ÚLTIMAS

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...