HomesociedadeTaboada sen Festa do Caldo de Ósos, pero con entroido

Taboada sen Festa do Caldo de Ósos, pero con entroido

O concello de Taboada celebraría esta fin de semana a XXX Festa do Caldo de Ósos, pero as circunstancias derivadas da Covid19 fixeron que a cita se cancelara. O concello si aposta por celebrar o entroido e celebrarao en liña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Taboada celebrará o entroido en liña. Apostan por aproveitar as redes sociais para achegarse entre a veciñanza e non deixar de festexar estas datas.

Así organízase un concurso de disfraces no que se pode participar enviando as fotografías antes do 19 de febreiro ás 14.00 ao correo info@concellotaboada.es

Os participantes deberán sinalar o seu nome e apelidos, idade, dirección, teléfono de contacto e autorización para a publicación das fotos que poderán ser dun disfraz individual ou de convivintes.

O 22 de febreiro subiranse as fotografías recibidas ao Facebook do concello e as 3 que máis Me Gusta obteñan ata o día 26 recibirán un vale de 50€ para gastar no comercio local. Ademais sortearanse 3 vales de 30€ entre todos os participantes para a mesma finalidade.

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...