HomeSucesosA prisión un dos detidos por tiroteo en Monforte

A prisión un dos detidos por tiroteo en Monforte

O xuíz enviou a prisión a un dos dous detidos polo tiroteo que se produciu a finais da semana pasada en Monforte de Lemos e deixou en liberdade provisoria ao outro, á espera de xuízo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou a Policía Nacional, as detencións dos dous sospeitosos, veciños de Ourense e con antecedentes por delitos como homicidio en grao de tentativa, tenencia ilícita de armas e roubo con intimidación, produciuse tras a persecución en coche que protagonizaron o pasado venres, nas inmediacións do cemiterio de Monforte, e que acabou cunha “serie de detonacións”.

A persecución, na que se viron implicados ata catro vehículos e outras tantas persoas, terminou cun accidente de tráfico. Testemuñas do sucedido lograron reter a un dos implicados ata que chegaron os axentes de policía, que o detiveron no mesmo lugar do sinistro.

Aínda que a investigación segue aberta, parece que os feitos foron motivados por diferenzas entre o comprador e o vendedor dun dos vehículos implicados na persecución. O vendedor desprazouse á localidade para pechar a operación, pero na reunión xurdiron os “problemas” que derivaron na posterior persecución, que terminou nas inmediacións do cemiterio de Monforte, municipio co que ningún dos sospeitosos tiña relación.

Un dos ocupantes deses vehículos foi retido polas testemuñas, mentres que o outro detido, a persoa que supostamente efectuou os disparos, foi arrestado cando se lle estaba tomando declaración na Comisaría de Ourense pola operación de compravenda errada.

ÚLTIMAS

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...