HomesociedadeO alcalde de Monforte traslada o apoio da veciñanza á loita de...

O alcalde de Monforte traslada o apoio da veciñanza á loita de Julia Otero contra o cancro

O alcalde de Monforte, José Tomé, traslada o apoio de todos os veciños do concello á xornalista Julia Otero, filla predilecta deste municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun comunicado remitido aos medios, José Tomé, sinala “Quero trasladarlle á nosa benquerida Julia Otero todo o noso cariño e todo o noso apoio, e desexarlle o mellor na súa loita contra o cancro.”

Lembra que a xornalista sempre exerceu como “unha gran embaixadora” tanto de Monforte como da Ribeira Sacra. “Por iso, queremos agradecer a súa implicación constante coas nosas terras e recoñecer a súa achega á promoción de Monforte en toda España, que é impagable”, sinala.

O alcalde, que explica que lle trasladará o apoio e ánimo de todos os monfortinos, deséxalle que salga adiante canto antes, para que se reincorpore ao seu programa de radio e para que os veciños póidana ver pronto en Monforte. “Moita forza, Julia, e recibe os nosos mellores desexos para unha pronta recuperación”, sinala o rexedor.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...